Servizo de formación

En Kielet realizamos capacitación de idiomas a empresas, avaliando as necesidades particulares en cada caso e adaptando  os programas ás necesidades específicas de cada alumno e ós obxectivos estratéxicos da compañía.

Realizanselles probas de nivel ós alumnos, para cada programa, creando grupos homoxéneos en canto a nivel de coñecemento e con temarios adaptados ó nivel a impartir. Durante o curso realízanse avaliacións periódicas do nivel co obxecto de controlar a evolución global e individual, e dese xeito poder detectar os puntos débiles sobre os que facer incidencia e poder corrixilos durante a formación.

En Kielet adaptámonos ós seus horarios, impartindo os cursos presenciais ás horas concertadas.

formacion

Os cursos impartidos por Kielet poden acollerse ás axudas do estado en formación nas empresas da Fundación Tripartita para a Formación no Emprego.

Os prezos dos cursos avaliaranse en cada caso concreto. Para dispoñer dun orzamento detallado podes solicitalo sen ningún compromiso mediante un correo ó seguinte enderezo: kielet@kielet.es.

Grupos reducidos

One-to-one

Cursos a medida (técnicos, comerciais, introdutorios, avanzados, conversación, negocios)

Cursos de mantemento e/ou conversa

Cursos específicos gramaticais

Orzamento
online
formación





Asunto

Nome e apelidos

Empresa

Teléfono

E-mail

Observacións